Mapa da Web Universidade de Vigo Contacto
menu-open
menu-close
null
Info-Profesorado
Info-Profesorado
Form-Profesorado
Biblioteca-Online-Libros
Biblioteca-Online-Documentos
Recursos-Educ
Recursos-Educ
Innovacion-Educ
Ligazons
Ligazons
Ligazons
Innovacion-Educ
 
 
RECURSOS EDUCATIVOS. PROGRAMAS ÚTILES PARA O PROFESORADO
 
[Recursos basicos _ Convertedores a PDF]

CutePDF Writer

CutePDF Writer (antes CutePDF Printer) instálase como un controlador de impresión. Para usalo debes escribir o documento en cuestión na aplicación que queiras, seleccionar despois o menú de impresión e unha vez alí establecer CutePDF como impresora.

Cool PDF Reader 1.0

Cool PDF Reader é un excelente programa que vos permitirá ler e imprimir ficheiros en formato PDF (Portable Document Format, polas súas siglas en inglés). Ademais, o programa permitiravos converter documentos PDF aos formatos TXT, BMP, JPG, GIF, PNG, WMF, EMF e EPS, realizar zoom e rotar as páxinas. Soporta 68 linguaxes e a súa interface é agradable e fácil de usar.
Ligazón [Diferentes opcións de descarga (gratuita, SMS)]

doPDF 5.0.211

DoPDF é un útil programa que vos permitirá crear documentos PDF a partir de correos electrónicos, documentos de Microsoft Office, páxinas Web, texto, etc. O programa funciona como unha unidade de impresión, permitíndovos crear documentos PDF desde calquera aplicación de Windows que soporte impresión. Ao axustar doPDF como impresora, o documento será convertido e gardado en formato PDF. É moi fácil de utilizar.
Ligazón [Diferentes opcións de descarga (gratuita, SMS)]

Free Text To PDF Converter 1.5

Text To PDF Converter é un programa para converter ficheros de texto plano ao formato PDF. O programa non necesita de ningún produto Adobe, soporta operacións de comando de liña e pode ser solicitado desde calquera aplicación para converter ficheros a PDF. A súa interface é atractiva e intuitiva.
Ligazón [Diferentes opcións de descarga (gratuita, SMS)]

Ghostscript

Ghostscript é un interprete de documentos Postscript e Gsview, é un visor / impresor destes documentos. Son gratuitos e están creados pola empresa Aladdin Enterprises.

Pdf free 2.00

Free Easy PDF é unha sinxela ferramenta coa que poderá crear fácilmente documentos en formato PDF, ademais sen ter que pagar por iso. É tan sinxelo como abrir ou compoñer un documento en formato TXT, RTF ou ata HTML, redactar o texto, engadir imaxes se o desexa e para rematar xerar o PDF cun simple clic de rato.

PDFCreator

PDFCreator é unha utilidade gratuita que permite crear PDFs fácilmente desde calquera aplicación. PDFCreator instálase como unha impresora, deste xeito converterá o seu ordenador nunha máquina de facer PDFs.

PdfFactory

Crea e edita de xeito fácil arquivos PDF. PdfFactory PROL está dirixido a aquela persoa que necesite PDFs seguros e características avanzadas.

ScanToPDF

O que fai ScanToPDF é que cando escanee un arquivo directamente pásallo a PDF.

Xailon 1.0

Xailon é unha pequena pero poderosa utilidade coa que poderá converter ficheros de texto ao formato PDF. Poderá converter os seus documentos ao arrastrar e soltar documentos á fiestra do programa, por comandos de liña e elixindo o documento desde a interface gráfica do programa. É moi fácil de utilizar e ten unha excelente velocidade de procesamento.
Ligazón [Diferentes opcións de descarga (gratuita, SMS)]
 

 
foot