Mapa da Web Universidade de Vigo Contacto
menu-open
menu-close
null
Info-Profesorado
Info-Profesorado
Form-Profesorado
Biblioteca-Online-Libros
Biblioteca-Online-Documentos
Recursos-Educ
Recursos-Educ
Innovacion-Educ
Ligazons
Ligazons
Ligazons
Innovacion-Educ
 
 
RECURSOS EDUCATIVOS. PROGRAMAS ÚTILES PARA O PROFESORADO
 
[Recursos basicos _ Seguridade]

McAfee AVERT Stinger 2.6.0

McAfee AVERT Stinger é unha ferramenta que detecta e destrúe os virus máis perigosos. Non se trata dunha protección total contra os virus, polo que non debe substituír o seu antivirus actual, xa que esta versión só actúa contra os virus máis difíciles de derruír.

Avast!

Avast! é un antivirus salientable polo sinxelo manexo e a súa alta efectividade á hora de descubrir e destruír os virus. A súa base de datos estase a renovar mensualmente. Tralos 60 días de proba terá que rexistrar o programa, de balde.

AVG Anti-Virus

AVG Anti-Virus é un antivirus persoal co que poderás escanear o teu equipo na procura de virus. É sinxelo de instalar e ten unha “interface” amigable. Ademais o poderás actualizar na Web de balde.

AntiVir

AntiVir Personal Edition ofrece protección efectiva contra toda ataque de virus a ordenadores de uso individual e privado. Desta edición é salientable a súa sinxeleza.

Dr. Web

Poderoso antivirus sinxelo de empregar, cunha “interface” moi intuitiva e moi eficaz á hora de destruír as virus. Ten a posibilidade de quedar residindo na memoria e analizar os ficheiros que se atopan no ordenador, evitando deste xeito que novos virus se introduzan na computadora.

NOD32

Do NOD32 é salientable a súa velocidade de execución e o seu baixo consumo de recursos. Grazas a heurística é quen de detectar virus que aínda non son coñecidos polos motores antivirus. Ten a posibilidade de ser configurado ao noso desexo. O sistema que emprega fai que os virus sexan detectados sen que teñamos nós que facer ningunha análise.

Norman Antivirus (WinNT/2000/XP)

Ademais das típicas prestacións, inclue a tecnoloxía Sandbox, que crea un PC virtual dentro do ordenador, que analiza arquivos có fin de establecer patróns de comportamento. Tódolos virus teñen características compartidas, e o obxetivo é revelar que un arquivo é maligno incluso cando non exista un antídoto que o neutralice.

Norton Internet Security 2007 10.0.0.1

Norton Internet Security 2007 é un paquete de solucións antivirus, eliminación de software espía, firewall, prevención de intrusos, protección da privacidade, e detección do correo lixo e filtrado de contido. A súa nova protección antispyware detecta e elimina automáticamente o software espía e software publicitario.

PC-Cillin Internet Security 14

Trend Micro PC-cillin Internet Security 14 protexe o PC e a rede doméstica de todo tipo de virus, vermes, troianos e ameazas mixtas, incluidos virus de rede como MYDOOM e SASSER. Tamén bloquea a actividade dos piratas informáticos, detecta e elimina spyware, protexe ante ataques de phishing, filtra contidos non desexados e reduce ó mínimo o spam. Inclúe novas funcións como control de rede doméstica e detección de intrusións Wi-Fi para aportar maior seguridade ás redes domésticas e sen fíos.

ServerProtect (Windows 2000/NT Server)

Para recibir a información de rexistro e as instruccións de instalación indique a súa conta de correo (só contas de correo da Universidade de Vigo (usuario@uvigo.es ou usuario@subdominio.uvigo.es).

Sophos

Sophos protexe cada punto de entrada en máis de 25 plataformas diferentes incluíndo Windows, Macintosh, Linux, NetWare, e UNIX. Todas as plataformas se actualizan automáticamente e Sophos Enterprise Console permite unha administración centralizada de estacións Windows e Mac VOS X. Ademais combina as funcións de antivirus, anti-spam e de cumprimento de políticas internas.

Avira

Avira Antivir Persoal Edition e un antivirus de escritorio gratuito para fins persoais. Inclúe escudo residente, detección de virus de macro e asistente de actualización. Está dispoñible en Inglés e en Alemán.

Clam AntiVirus

É un escáner anti-virus escrito desde cero. Distribúese con licenza GNU GPL2 (gratuito, código aberto) e usa a mesma base de datos de Open AntiVirus. Está escrito en C e cumpre coa norma POSIX. Funciona en Linux, Solaris, FreeBSD, OpenBSD, NetBSD, AIX, Mac VOS X, e en Windows con Cygwin B20, e en múltiples arquitecturas como Intel, Alpha, Sparc, Cobalt MIPS boxes, PowerPC, RISC 6000.

Computer Associates

Ofrece gratuitamente a clientes de Microsoft o paquete de seguridade eTrust EZ Armor, composto de antivirus e firewall. A suscripción gratuita é válida durante un ano.

Trend Micro

É un antivirus en liña que emprega un applet de Java, o que permite que sexa soportado por todos os navegadores. Presenta unha estrutura de árbore de directorios coas unidades do sistema, para escoller aquelas das que se desexa realizar o escaneo de virus. A páxina de descarga de Internet está en inglés, pero o produto está en castelán e ten incorporada unha ferramenta de chequeo de portos.

Panda Software

É un antivirus en liña que descarga un control ActiveX e realiza o escaneo, desinfección e eliminación de virus, vermes e troianos por todas as unidades do sistema, incluíndo os ficheros comprimidos e o correo electrónico e realiza a detección de software espía. É actualizado diariamente.
Ligazón | Ligazón alt. | Ligazón alt. 2 [É necesario rexistrarse]

3B Personal Firewall Pro

Evita recibir ataques de hackers ou de calquera tipo de actividade sospeitosa no seu ordenador. Ademais, bloquee pop-ups (fiestras emerxentes) e outro tipo de contido non solicitado.

Ashampoo Firewall

Ashampoo Firewall conta con todas as utilidades que poida esperar dunha aplicación deste tipo. Controla os accesos de todos os programas a Internet, permite crear regras para decidir que programas teñen conexión e cales non, monitoriza as conexións de rede local e garda un detallado ficheiro “log” con todas as súas actividades. Inclúe ademais unha serie de ferramentas adicionais coas que poderás, por exemplo, comprobar que programas se executan ao iniciar Windows, controlar os procesos activos, limpar rastros de navegación Internet, etc.
Ligazón [Diferentes opcións de descarga (gratuita, SMS)]

Atelier Web Firewall Tester

Con Atelier Web Firewall poderás testear a efectividade da túa Firewall.

Jetico Personal Firewall

Jetico Persoal Firewall pódelle protexer de ataques exteriores, evitando que se establezan conexións coa túa máquina ou ata poidan chegar a entrar no teu sistema. Esta firewall establece un potente filtro entre o teu PC e Internet, con diferentes niveis de seguridade, a fin de que poidas controlar as aplicacións e procesos que intentan acceder á túa conexión, monitorizando o tráfico de entrada e saída, e comprobando cada paquete que entra ou sae. Podes configurar as túas propias regras de filtrado, elixir un perfil xa existente de seguridade ou modificalo de acordo cos teus gustos e necesidades.
Ligazón [Diferentes opcións de descarga (gratuita, SMS)]

Kerio Personal Firewall

Protexe o teu ordenador contra os principais ataques que realizan os hackers.

NetVeda Safety.Net

NetVeda Safety.Net é un sistema de firewall que che brinda protección contra posibles ataques ao teu PC, ademais de funcións de filtrado, control de contidos e seguridade no correo electrónico para protexerte de hackers, vermes, virus e troianos. O programa fai uso dunha tecnoloxía multicapa para inspeccionar a fondo o intercambio de paquetes no teu sistema. Permíteche ademais seleccionar que aplicacións poden ou non poden ter acceso á Rede e ten soporte para definir regras para maior seguridade.
Ligazón [Diferentes opcións de descarga (gratuita, SMS)]

Outpost Firewall Free

Outpost Firewall Free pódese configurar para múltiples bloqueos, detectando as comunicacións existentes sen actuar sobre as que nós deamos consentimento, e mostrando mensaxes de avisos cando detecte actividades novas. Ademais ten funcións de anti-spam (con eliminación de pop-ups e banners), e tamén pode coidar do correo electrónico, control de privacidade do equipo e xestionar as cookies.

Spuertos

Spuertos permite chequear todos os portos TCP/IP, do noso ordenador, un ordenador conectado en rede ou un ordenador remoto conectado a Internet, para saber que portos están abertos.
Ligazón [Diferentes opcións de descarga (gratuita, SMS)]

Sunbelt Software

Sunbelt Kerio Persoal Firewall é un firewall gratuito para uso doméstico moi flexible. Permite definir regras baseándose nos criterios que se desexe, en direccións ou rangos de IPs, protocolos, portos de orixe e destino, programa que lanza ou acepta a conexión, etc. Poida que non sexa o máis axeitado para usuarios con poucos coñecementos en TCP/IP pola súa complexidade. O programa que se descarga funciona como a versión completa durante os primeiros 30 días. Pasado este tempo, e se o usuario non compra unha licenza, segue funcionando como a versión gratuita, que carece dalgunhas funcións.

TINY Software to CA Product Migration

Un dos firewalls máis empregados. Carga pouco o sistema, e case non se nota a súa presenza, salvo para as pertinentes notificacións ante distintas situacións. Cun nivel elevado de seguridade é prácticamente inexpugnable.

ZoneAlarm

ZoneAlarm permite bloquear tráfico non desexado e restrinxir o acceso non desexado de aplicacións a Internet. Diferenza entre zona local e zona Internet á hora de establecer restricións de accesos. Por defecto, bloquea o acceso externo a todos os servizos do sistema (e a todos os portos, polo tanto) permitindo soamente o acceso a aqueles explícitamente indicados. Desde a versión 4.5 está dispoñible en español.

Hijack This!

HijackThis é unha utilidade que lista todos os engadidos, botóns, elementos de inicio instalados no navegador e permite inspeccionalos e opcionalmente eliminalos.O programa pode crear unha copia da súa configuración inicial e ignorar os elementos seleccionados. Inclúe características adicionais como unha simple lista dos elementos de inicio, páxina de inicio, actualizaciones online e máis. Recomendado para usuarios avanzados.

AD-aware

AD-aware escanea o teu PC en busca de ficheiros espía ocultos (Spyware) e borraos de forma segura. AD-aware pode atopar e eliminar os ficheros de Cydoor, CommonName, Gator, e Alexa entre outros.

Arovax Shield

Arovax Shield é un programa que monitoriza o sistema e evita a instalación e execución de malware, spyware, adware, etc. Evita o problema antes de que suceda. Este programa non busca malware no PC, senón que evita que o malware se instale no ordenador. Monitoriza en tempo real o sistema e protéxeo do malware. Este programa ocupa pouco en memoria e non consome case CPU.

Doctor Alex Antispyware

Eficaz rastreador anti-spyware, que che axudará a detectar e eliminar calquera tipo de spyware que se instalou no teu PC. O programa fai gala dunha interface moi moderno, de aspecto colorista e fácil de utilizar, e ten actualizaciones automáticas da súa base de datos.

Microsoft AntiSpyware

Microsoft AntiSpyware, é a solución de Microsoft á praga do spyware. Con ela, poderás detectar e eliminar todos os programas e arquivos espía que se meten no teu ordenador sen que che deas conta. As súas características principais son as actualizaciones automáticas, algo fundamental en programas deste tipo, e a inclusión de dous modos de uso distintos.

SpyBot Search & Destroy

Programa para eliminar o spyware. O spyware non é un virus, pero é un tipo de software maligno que recolle datos do noso ordenador e úsaos para realizar estatísticas, ou simplemente é un software que mostra banners no noso equipo mentres navegamos por Internet. O caso é que o spyware non aporta nada bo ao noso sistema, e con esta ferramenta de balde e actualizable por Internet o poderás controlar.

Spybot v1.3 Beta 6

Programa que ten posibilidade de actualización por Internet. Sinxelo e cómodo de utilizar. Destaca a opción de deixalo residente en memoria, co cal recibimos aviso de tódalas aplicacións que intentan escribir no rexistro de Windows. Ten capacidade de eliminación dos spywares atopados así como de evitar o secuestro do navegador, para o que hai que activar a opción de Modo Avanzado dirixirse á pestana de Ferramentas e marcar Páxinas do navegador.

Spyware Monitor

Versión reducida da ferramenta Sen Espías, ofrecida por Silicom Internet. Trátase dun sistema de diagnóstico para usuarios avanzados que permite monitorizar os procesos activos (a máis baixo nivel que o administrador de tarefas), áreas de arranque do sistema, áreas do navegador e de rede susceptibles de ser modificadas por código malicioso.

SpywareBlaster

SpywareBlaster é unha ferramenta que prevén a instalación de spyware, adware, hijackers, dialers e software espía.SpywareBlaster axuda a que o teu sistema estea libre de spyware.A diferenza doutros programas, SpywareBlaster non necesita estar en execución para protexer ao teu PC.

K9 ANTI-SPAM

K9 Antispam é unha ferramenta que actuará de filtro, capturando aqueles correos electrónicos que non queiras recibir, movéndoos a un área aparte. Funciona con contas POP3, a través de Outlook e Outlook Express ou The Bat! por exemplo, detectándoas automáticamente nalgúns casos ou inserindo a configuración manualmente ti mesmo.

Xeeon Antispam 2.0

Xeeon Antispam verifica a validez dos remitentes de cada mensaxe que che chega á túa bandexa de entrada de correo. Únicamente permitirá a entrada a aquelas mensaxes cuxos remitentes autorices ti previamente (por defecto, considera válidas todas as direccións que teñas na túa axenda de contactos). O resto quedarán bloqueados. Xeeon Antispam éstá en español, é fácil de manexar e ademais é moi efectivo.
Ligazón [Diferentes opcións de descarga (gratuita, SMS)]

AntiSpam 1.0.3

AntiSpam foi creado para contrarrestar en forma activa a acción de programas espía tipo bots ou spiders que rastrexan constantemente as páxinas Web na procura de direccións de e-mail para realizar actividades ilegais.

Advanced ID Creator

Advanced IDE Creator 7.12.30 é un programa que lle permitirá crear tarxetas e placas de identificación persoal, con calidade profesional, de forma rápida e fácil. Inclúe unha gran cantidade de ferramentas para personalizar e engadir textos, gráficos, figuras, códigos de barra, sombras e outros efectos.

Capturas

Pequeno capturador de pantallas que lle permite capturar calquera imaxe dunha fiestra ou do escritorio de Windows. Grava as imaxes en formato BMP. Moi fácil de usar e ofrece unha axuda sobre o funcionamento do programa.

CARATULATOR 2.8

Caratulador é unha desas ferramentas feitas para solucionar as nosas impresións de carátulas de CD, DVD e VHS rápidamente.

CDMenuPro

Son moitas as capacidades deste programa para crear autoarranques para CD/DVD sen escribir unha soa liña de programación. Con el poderemos engadir pantallas de bienvenida (splash screens) con ou sen vídeos, arquivos de son que soen de fondo, submenús, visores de texto e imaxes, crear os nosos propios botóns e moito máis.
Ligazón [Diferentes opcións de descarga (gratuita, SMS)]

Cobian Backup

Cobian Backup é a aplicacion ideal para realizar as súas backups diarios ou cada o tempo que queira. Aparte de ser livián e a interface moi agradabe, ten a opcion de realizar copias progresivas, é dicir, que só engaden á copia xa existente os ficheros novos ou con cambios.

Cygwin

Con Cygwin poderá ter un contorno Linux baixo o seu sistema Operativo Windows.

Font Creator Home

Font Creator Home Edition 5.0 é unha poderosa aplicación que lle permite crear fontes de alta calidade tanto a nivel do usuario promedio, como de tipografistas e deseñadores gráficos.

Hacha

Hacha é un sinxelo programa co que poderá dividir os ficheiros nas partes que queira e do tamaño que desexe.

PC INSPECTOR File Recovery 4.0

Gran programa gratuito que inspecciona o rexistro do seu sistema na procura de entradas inválidas no mesmo, arquivos duplicados e innecesarios. Tamén mostra información detallada do uso de disco, e inclúe unha completa documentación de axuda.

Photo Rescue 4.4.1

Un auténtico “salvavidas” profesional que lle permite rescatar calquer arquivo que perda en calquer dispositivo (discos duros, tarxetas de memoria, cámaras, móbiles, reproductores MP3, etc.), xa sexa por borrado accidental, dano físico, formateo,...

RVisua

Rápido visualizador/conversor de imaxes. Soporta bmp, jpg, tif, gif, gif animado, pcx, fpx, png, emf, wmf, ico e dib. Permite facer zoom, minivista, multiventana, etc.

Screen Print Deluxe

Imprime, captura, envía por correo electrónico e cataloga as súas capturas de pantalla, tanto as de pantalla completa como as fiestras activas, de áreas específicas, menús, obxectos, etc. Dispón dun modo especial chamado Zoom Capture co que poderá capturar imaxes máis grandes dunha parte da pantalla ou do que elixa. Unha vez feitas diferentes capturas o programa móstrachas a modo de dispositivas (thumbs) cun propio visor que incorpora. Captura e salva imaxes en sete diferentes formatos como GIF, BMP ó PNG, ademais de podelas converter entre diferentes formatos.

Snap-It

Capturador de pantallas que lle permitirá implantar calquera imaxe capturada nun documento de Word (97 ou 2000) cun só click do rato. Inclúe visualizador para ver as imaxes a modo de diapositiva (thumb) en tres posibles tamaños, e un editor para engadir efectos especiais.

Viavoice TTS Runtime

Motor de texto a voz creado por IBM que permite executar programas de accesibilidade destinados á lectura de textos de arquivos en calquera formato. ViaVoice TTS Runtime ofrece un motor de síntese de voz e compoñentes necesarios para aplicacións destinadas a conversación. Os fonemas, sílabas, palabras ou frases son combinados de acordo a regras lingüísticas formuladas desde o texto analizado. Cando estas unidades de linguaxe son frases enteiras ou sentenzas, a saída pode ser moi natural ao oído humano.

Zoom Mega 1.9

Trátase dun programa que magnifica calquera área da súa pantalla, coma se dunha se tratase, e inclúe unha completa documentación de axuda.
 

 
foot