Mapa da Web Universidade de Vigo Contacto
menu-open
menu-close
null
Info-Profesorado
Info-Profesorado
Form-Profesorado
Biblioteca-Online-Libros
Biblioteca-Online-Documentos
Recursos-Educ
Recursos-Educ
Innovacion-Educ
Ligazons
Ligazons
Ligazons
Innovacion-Educ
 
 
RECURSOS EDUCATIVOS. PROGRAMAS ÚTILES PARA O PROFESORADO
 
[Recursos basicos _ Traductores]

Amigo Plus 1.0

Amigo Plus 1.0 é unha práctica e útil ferramenta que inclúe o dicionario completo da RAE (Real Academia Española da Lingua), un tradutor de ingles-español e viceversa, unha enciclopedia, un corrector ortográfico e unha calculadora.
Ligazón [Diferentes opcións de descarga (gratuita, SMS)]

Babiloo 0.2.1

Babiloo é un programa de tradución de español a inglés e de inglés a español. O primeiro que chama a atención é a rapidez coa que realiza as traducións. Na actualidade ten máis de 70.000 definicións e é unha aplicación de código aberto en constante crecemento.
Ligazón [Diferentes opcións de descarga (gratuita, SMS)]

Business Translator 9.0

Business Translator é un tradutor especializado na tradución de textos, páxinas Web, documentos e fragmentos de varias liñas, e non tanto en frases soltas ou palabras individuais. O programa abarca 10 idiomas: inglés, francés, alemán, español, italiano, portugués, ruso, chinés, coreano e xaponés. As traducións pódense efectuar entre calquera deses idiomas, xa que todos poden actuar como fonte ou como destino.
Ligazón [Diferentes opcións de descarga (gratuita, SMS)]

CatsCradle 3.4

CatsCradle é rápido e fácil para usar como tradutor de paxinas Web. Traduza as web-site enteiras sen ter que preocuparse polos deseños da páxina e código HTML. CatsCradle toma todo o texto que se require traducir dunha páxina web, pono nun editor para que o poida visionar e realiza a tradución de forma automática, deixando todo o HTML intacto. Para verificar toda a tradución pode ver de antemán o traballo nunha vista do real.
Ligazón [Diferentes opcións de descarga (gratuita, SMS)]

Instant Translation Translator 1.4.1

Instant Translation Translator é un pequeno programa de apenas mega e medio, que alberga no seu interior un potentísimo tradutor de inglés, francés, alemán, Español, italiano, portugues, ruso, xaponés, e coreano. Instant Translation Translator funciona de forma moi simple. Verá un pequeno icono na súa bandexa de sistema, pois ben, cando teña que traducir algún texto, só ten que facer dobre click nel, escribir ou pegar o texto, e Instant Translation Translator de forma inmediata conectará con algún dos seus tradutores online e serviralle o resultado.
Ligazón [Diferentes opcións de descarga (gratuita, SMS)]

Talking Translator Pro 1.7

Talking Translator é un tradutor de idiomas gratis, que lle permite traducir textos de inglés, español, francés, alemán, italiano, portugués e ruso. Tamén lle dá a posibilidade de escoitar os textos traducidos no idioma correspondente.
Ligazón [Diferentes opcións de descarga (gratuita, SMS)]

Traductor LIVE! 3.1

Tradutor LIVE! é unha utilidade gratis que traduce inmediatamente, en tempo real, os textos que introduza por teclado. Ademais admite varios idiomas e traducións en calquera sentido. Traducións soportadas por Tradutor LIVE!: Español - Inglés, Español - Francés, Inglés - Español, Inglés - Francés, Francés - Español, Francés - Inglés.
Ligazón [Diferentes opcións de descarga (gratuita, SMS)]

Web Translator

Traduce calquer texto e páxina web a varios idiomas. Poderá traducir sitios completos ou só palabras destes mesmos.
Ligazón [Diferentes opcións de descarga (gratuita, SMS)]

Xanadu 1.01.01

Xanadu raduce términos ou textos completos en máis de 60 idiomas mediante a selección dos mellores dicionarios e programas de tradución gratuitos dispoñibles na Rede.
Ligazón | Ligazón alt. [Diferentes opcións de descarga (gratuita, SMS)]
 

 
foot